Abriu. O poético e o político na actualidade: conflito social e dialogismos (Galiza e Portugal).
Comprácenos comunicar a publicación do número especial O poético e o político na actualidade: conflito social e dialogismos (Galiza e Portugal) na revista Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal no marco do proxecto de investigación POEPOLIT II.
Editado por Burghard Baltrusch e con artigos das nosas compañeiras Mafalda Pereira, Isaac Lourido e Noemí Garrido, os estudos recollidos no número exemplifican as líneas de investigación clave do proxecto “Poesía e política contemporáneas: conflitos sociais e dialoxismos poéticos” (POEPOLIT II, 2019-2024). Os estudos inclúen exemplos que fan referencia a conflitos impulsados polas estructuras económicas neoliberais, a lóxica e o control do Estado, a regulación da información e do corpo, o heteropatriarcado, as diferencias culturais e lingüísticas, a ética animal e a explotación de outras especies, extracción de recursos, e cuestións de identidade, relacións sociales, comunitarias ou interpersoais, así como dinámicas afectivas. A pesar das diferencias culturais, xeneracionais e estilísticas, os textos examinados aquí representan colectivamente unha gama significativa de poéticas e poesías contemporáneas de resistencia.
Máis información aquí