CONGRESSO INTERNACIONAL MODERNIDADES PLURAIS, Modernismo e surrealismo na literatura e nas artes.
Comprácenos comunicar a celebración do Congresso Internacional “Modernidades Plurais, Modernismo y surrealismo na literatura e nas artes” que terá lugar do 4 ao 7 de xuño na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, en cuxa comisión organizadora participa a nosa compañeira Lúcia Evangelista. Falarán tamén o noso IP Burghard Baltrusch e a compañeira Noemí Garrido Aniorte, coas comunicacións tituladas “Revoluçao e Poesia-Ensaio sobre o surrealismo libertario em José Saramago e nas performances de Silvia Penas” e “Cabezas de tormenta, surrealismo y contracultura en la transición española. De ruptura y subversión en Blanca Andreu y Xela Arias”, respectivamente.
Pódese consultar o programa completo, así como actividades paralelas e o link das sesións vía zoom na seguinte ligazón.