“A Cátedra Saramago leva a Lisboa as creacións das alumnas de Belas Artes”. Diario da Universidade de Vigo.

“A Cátedra Saramago leva a Lisboa as creacións das alumnas de Belas Artes”. Diario da Universidade de Vigo.

O Diario da Universidade de Vigo comparte a nova da inauguración da Exposición “O Ano de 1993-Graça Morais e José Saramago” celebrada o pasado 14 de marzo na Cisterna da Facultade de Belas Artes de Lisboa. Nesta ocasión a performance “Uma mulher ainda nao parou o mais longo gemido da história do mundo (Revisitar O Ano de 1993 de José Saramago)” de Silvia Penas, estivo acompañada pola proxección de oito caligramas elaborados polas alumnas da Facultade de Belas Artes, e reunidos nunha videoinstalación, coordinada pola profesora Sol Alonso. Os caligramas inspíranse nas ilustracións que Graça Morais elaborou para a edición de 1987 do libro O Ano de 1993 de José Saramago.

Para máis información preme na seguinte ligazón.